La transmissió d'en Puyal amb un gran equip d'especialistes de la ràdio i de l'esport
Des d'una hora abans de l'inici del partit del FCB
Seccions
- Inici
- Què és el programa?
- El format actual de la transmissió
- L'equip fix del programa
- Blog sonor
- Dades de la temporada 2011-2012
- Diversos
- Addenda final
- Presentacion en aranés
- Presentación en español
- Aurkezpena euskaraz
- Presentación en galego
- Presentation in English
- Présentation en français
- Presentatie in het Nederlands
- Apresentação em portugues
- Präsentation in deutscher Sprache
- Presentazione in italiano
- Presentation på svenska
- Παρουσίαση στα ελληνικά
- 日本語の紹介
- 用中文介绍
- تقديم
- Представление
Publicitat
Joaquim Maria Puyal (autor de “Manifesto do Oficio de Xornalista”) é o máximo responsable deste programa, que ten unha duración de catro horas e que inclúe a narración de todos os partidos oficiais que xoga o F.C. Barcelona. Nel participa un amplo abano de profesionais da radio e do deporte.
Dende os estadios colaboran Ricard Torquemada na análise técnica e Marta Carreras con entrevistas e achegas especializadas. Acompáñanos no campo Joan Gelabert, como realizador técnico, e Jesús López como responsable técnico da zona mixta.
Dende o Centro de datos, Josep Maria Batllori informa dos resultados dos partidos en xogo e Francesc Garriga encárgase de documentar as comunicacións e, tamén, da revista de prensa.
Na Sala de imaxes, Sergi Cutillas valora as acciónsdiscutibles que se producen no terreo de xogo. Lévao a cabo coa axuda de Carles Domènech, que aporta, ademáis, os datos que se poidan desprender da situación dos xogadores.
O control informático de posesión de pelota e localización do xogo corre a cargo de Jaume Ramon, grazas a un programa pioneiro no seu xénero. Albert Mora é o responsable de resumir cada programa nos últimos minutos da emisión e, tamén, coordina o equipo que se encarga da web que estás a consultar.
Completan o equipo estábel Sònia Oleart como responsábel da produción operativa e Christian Garcia na coordinación xeral. Ademais, prestan a súa contribución á produción do programa os cadros profesionais de Catalunya Ràdio segundo a súa especialización e disposición laboral.
A interactividade do noso programa canalízase a través do enderezo electrónico centrededades@catradio.cat e das mensaxes SMS ao 27033 (se operas na rede territorial española, escribe a palabra CATFUTBOL seguida da túa mensaxe; o custo é de 1,20 euros máis IVA). A persoa encargada da Recepción de Mensaxes é Coia Ballesté.
O programa comeza unha hora antes do inicio do partido do Barça e ten unha duración de 240 minutos. Todo en directo. O produtor executivo é Joaquim M. Puyal quen tamén describe o partido e coordina o discurso. Él, como voz única, efectuou a primeira emisión do programa realizando a transmisión do partido F.C. Barcelona – U. D. Las Palmas o día 5 de setembro de 1976 a través da antena de EAJ-1 Ràdio Barcelona.
Catalunya Ràdio emite o programa dende a tempada 1985-86. sempre foi líder de audiencia e un referente permanente do barcelonismo. Na actualidade, segundo datos do EGM – segundo o acumulado do 2006-, ten máis oíntes que tódalas outras transmisións xuntas. Segundo informa CCRTV Interactiva tamén é o programa de radio máis escoitado por internet de tódolos que se difunden en catalán.
A narración que realiza Joaquim Maria Puyal do partido é exclusiva de "La Caixa".
